HomeDeportesQuixós, segundo por equipos no Campionato galego de descenso do Barco

Quixós, segundo por equipos no Campionato galego de descenso do Barco

Espectacular balance do club monfortino de piragüísmo a nivel galego e moi bos resultados tamén nas outras competicións a nivel nacional nas que participaron esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 15 tiña lugar no Barco a Copa de España na modalidade de Sprint e o Quixós pechaba a xornada con dez medallas: Noa 2 medallas de ouro en K1 e C1 cadete; Ximena 2 de prata en K1 e C1; Efrén 2 de prata en K1 cadete e C1 junior; Claudio foi ouro en C1 junior; Gabriel ouro en K1 junior e bronce en C1 junior; e Carlos Serafín foi medalla de ouro en K1 veterano.

E este domingo, 16 de maio, outra gran xornada para os/as piragüístas monfortinos/as na Copa de España de descenso Clásica individual e no Campionato Galego de Clásica.

Na Copa de España Clásica individual as medallas foron as seguintes: Ximena foi ouro e Noa prata en K1 cadete; Gabriel foi ouro en K1 junior, Efrén ouro en K1 cadete. Preto delas quedaron Claudio, que foi 4º en C1 senior e Carlos Serafín que foi tamén 4º en K1 veterano.

Carlos Serafín en acción. Foto: Quixós

E xa no Campionato galego modalidade Clásica o Club Quixós quedou subcampión por clubes e no aspecto individual 6 foron os metais acadados: Carlos Serafín foi bronce en K1 veterano, Claudio prata en C1 senior; Ximena, Gabri e Efrén obtiveron sendos ouros nas súas respectivas categorías e Noa unha prata.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...