HomeDeportesO Korbis cae pola mínima na fase final do campionato galego cadete...

O Korbis cae pola mínima na fase final do campionato galego cadete feminino

Efrén Castro acompañou a Emevé e Korbis na fase final do campionato galego de cadete feminino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Deportes, Efrén Castro, achegouse este sábado ao Pavillón Municipal de Deportes de Lugo para asistir á fase final do Campionato Galego de Voleibol na categoría cadete feminina, na que participaron CV Emevé e Korbis tras clasificárense como segundas e cuartas da liga regular.

Efrén Castro saudou ás xogadoras dos dous equipos lucenses ás que felicitou pola temporada realizada e ás que desexou sorte para a xornada. CV Emevé logrou o pase á final fronte a Calasancias mentras que o Korbis caeu pola mínima ante o CV Pontevedra.

CV Emevé e CV Pontevedra xogan o título galego ás 19.00 horas.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...