HomeDeportesA piscina municipal de Monforte só para uso de clubs federados

A piscina municipal de Monforte só para uso de clubs federados

Tendo en conta que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia situou a Monforte no nivel máximo de restricións, dende o 28 de agosto o deporte non federado só se poderá practicar ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por mor dos actuais datos de incidencia da Covid19 no Concello de Monforte, todas as instalacións deportivas permanecerán pechadas. Entre elas, a piscina climatizada e o ximnasio municipais poderán ser utilizadas, unicamente, para a práctica deportiva federada, tanto para adestramentos como para competicións.

Por este motivo, só os clubs federados poderán facer uso destas instalacións debendo axustarse no seu uso aos correspondentes protocolos federativos de cada modalidade, tal e como se publica na ORDE do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para regular esta situación, e adaptala á normativa actual, o Alcalde do Concello, José Tomé Roca, vén de decretar a modificación do protocolo de uso da piscina climatizada e o ximnasio municipais que entrou en vigor ao inicio da pandemia e que se foi modificando e adaptando á situación e normativa de cada momento.

Esta situación manterase mentres o nivel de restricións no Concello de Monforte se manteña en nivel máximo.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...