HomeDeportesLa Vuelta levou Monforte e a Ribeira Sacra a todos os fogares

La Vuelta levou Monforte e a Ribeira Sacra a todos os fogares

Monforte era este venres, 3 setembro, final da 19 etapa de #LaVuelta21. Unha etapa intensa e emocionante, tónica que hoxe se repetiu, para mañá rematar en Santiago de Compostela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pelotón era recibido na cidade do Cabe por multitude de seguidores que viron como gañaba Magnus Cort. O pelotón percorreu 12 concellos da provincia de Lugo na súa 19ª etapa, pasando por Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Láncara, O Páramo, Sarria, O Incio, Bóveda e rematando na capital da Ribeira Sacra.

O Concello de Monforte investiu 60.000€ nesta proba deportiva, entre a dotación de servizos para o bo desenvolvemento da proba e a mellora das infraestruturas. “La Vuelta promociona o patrimonio cultural e natural de Monforte e supón unha proxección internacional e en promoción turística dun valor incalculable. De xeito directo, a reactivar a actividade en sectores tan castigados pola crise como a hostalería, o turismo ou o comercio local nas localidades polas que transcorre,” sinalan desde o concello.

TDP

José Tomé, subliñou  que “como Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, a chegada da Vuelta á nosa provincia e con final na nosa cidade supón unha promoción de primeiro nivel a nivel mundial. A xornada foi un éxito rotundo e quero agradecer ós monfortinos e monfortinas a súa colaboración e implicación,  e que se volcaran co final de etapa porque as rúas estaban ateigadas de xente. Creo que hoxe foi un día histórico para Monforte e para a Ribeira Sacra, e agardamos que nalgunha outra ocasión poidamos volver a disfrutar nas nosas terras do espectáculo do ciclismo a través de La Vuelta”.

ÚLTIMAS

XII Ruta 4×4 Comarca de Sarria, do 15 ao 16 de novembro

Esta semana presentouse a XII Ruta 4x4 Comarca de Sarria, que se celebrará do...

Desde o 1 de xuño sen plenos no Concello de Ribas de Sil

Lembran os populares que ao comezo da actual lexislatura todos os grupos políticos con...

Monforte homenaxea a figura do guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira, represaliado polo réxime franquista en Celanova en 1943

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este luns na Casa da Cultura...

Clausúrase o Programa Integrado de Emprego de Chantada, mentres está en marcha unha nova edición para 100 persoas desempregadas

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiará con 220.000 euros un novo Programa...