HomeDeportesBolsas para deportistas individuais de Monforte

Bolsas para deportistas individuais de Monforte

O concello deu a coñecer as bases da convocatoria aprobada en xunta de Goberno o pasado 27 de setembro. O importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros e a cantidade máxima de cada unha das bolsas será de 600,00 euros por deportista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas axudas xa se poden solicitar, tras ser publicada o pasado 30 de setembro a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do 1 de outubro.

O importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros e a cantidade máxima de cada unha das bolsas establécese en 600 euros por deportista.

Poderanse beneficiar destas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

-Estar empadroado/a no Concello de Monforte.

-Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.

-Estar ó corrente das obrigacións tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigacións coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.

-Ter participado, como mínimo, no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Todas as persoas interesadas poderán presentar méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. As BASES ao detalle están tamén na web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...