HomeDeportes75 participantes para abrir as escolas deportivas de Quiroga

75 participantes para abrir as escolas deportivas de Quiroga

Veñen de inciarse as Escolas Deportivas organizadas dende a área de deportes do Concello de Quiroga. Nas modalidades de fútbol sala e voleibol acollen a 75 nenos e nenas de entre 6 a 15 anos de idade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro das escolas deportivas hai varias categorías: prebenxamín para os nacidos entre o 2014 e o 2015; benxamín, para os nacidos no 2012 e 2013; alevín, para os nacidos no 2010 e o 2011; infantil, para os nacidos no 2008 e 2009; e finalmente a categoría cadete para os nacidos entre 2006 e o ano 2007.

Os adestramentos van en función da categoría. Así os prebenxamíns adestrarán os luns e mércores a partir das catro e media da tarde. Os benxamíns fano os martes e xoves ás cinco e media. Os alevíns adestrarán os luns e mércores as cinco e media e finalmente os infantís e cadetes fano os luns e mércores  ás seis e media.

O outro deporte que inclúe as Escolas Deportivas é o voleibol. Os participantes adestran os martes e os xoves a partir das seis e media da tarde. As Escolas prolongarán a súa actividade ata o 3 de xuño, data prevista para a celebración da Clausura e a Gala do Deporte Quirogués.

Escolas Deportivas / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...