HomeDeportesCon fútbol noctuno inaugurouse a nova iluminación do campo da Pinguela

Con fútbol noctuno inaugurouse a nova iluminación do campo da Pinguela

José Tomé Roca destaca que “grazas a esta obra de mellora, que permitirá legalizar a instalación, a partir de hoxe xa se poderán disputar partidos de noite, cousa que ata o de agora non era posible, para o disfrute de todos os monfortinos e monfortinas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte investiu un total de 60.001,87 € nesta obra que levou a cabo a empresa Sicyme S.L.L. e que consistiu, por unha banda, en dotar á instalación de subministro eléctrico propio, para o que foi necesario adaptar e reformar a instalación eléctrica existente, e por outra na instalación dunha iluminación exterior que proporcione os niveis necesarios para a práctica deportiva nocturna. A instalación de alumeado exterior ten unha potencia de 12.800 W (16 focos de 800 W c/u) que permite un nivel de iluminación medio de 145 lux.

A continuación, disputouse o primeiro partido nocturno, un amigable que enfrontou ó Club Lemos co C.D. Barco, equipo que milita no grupo 1º da Terceira división de fútbol e que a día de hoxe ocupa os primeiros postos na táboa clasificatoria.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...