HomeDeportesO Club Natación Monforte no trofeo Amizade 2021

O Club Natación Monforte no trofeo Amizade 2021

Este domingo 31 de outubro, o club natación Monforte desprazouse ata Ponteareas para disputar o trofeo XXII Amizade cun equipo composto por catro mozos e 11 mozas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O trofeo celebrouse en piscina de 25 en dobre xornada de mañá e tarde, no que os nadadores monfortinos rebaixaron na súa maioría os seus mellores tempos en piscina de 25 e referendaron marcas mínimas para a participación nos galegos tanto de inverno como de verán , o cal é un feito moi positivo xa que están a ser unhas semanas duras de preparación nas que apenas houbo descansos e tamén, que é a primeira competición dunha tempada, que se espera ilusionante en canto a participación en competicións e en resultados obtidos polos nadadores e nadadoras que compoñen un grupo que creceu notablemente esta tempada.

Cabe destacar a actuación do máis veterano, aínda novísimo, Ismael Pérez Terra, que obtivo 2 medallas, de prata en 100 estilos e de bronce en 50 costas.

Ismael Pérez / CN Monforte

A próxima competición á que o CN Monforte acudirá será a primeira xornada de Liga de clubs en Riveira o sábado 13 de novembro, con esperanzas de poder realizar unha boa xornada e mostrar as súas aspiracións de subir de categoría a seguinte tempada.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...