HomeDeportesFamiliarizándose co baloncesto

Familiarizándose co baloncesto

O equipo babybasket do club baloncesto Monforte desprazouse ata Maside para gozar da segunda concentración da tempada. Xogaron dous partidos ante Allariz e foron agasallados ó final da concentración por parte da organización, que correu a cargo do CB Maside e a Delegación Ourensá de baloncesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na categoría babybasket non hai marcador, o propósito é que os máis cativos se vaian familiarizando co deporte do baloncesto. No resto de categorías, Alevín descansou, en Benxamín xogouse o encontro ABO 29 – 18 Val de Lemos. Un partido moi disputado que se decidiu por pequenos detalles a favor do equipo local, que partía como favorito pero que viu como os monfortinos non deixaron nunca de loitar e crer na victoria.

En Infantil, Val de Lemos 60 – 10 Bball Ourense. Os monfortinos xogaron un partido moi serio e sumaron unha nova victoria, que o mantén na primeira praza, igualado co COB Ourense, próximo rival nos dous seguintes e a priori emocionantes partidos.

En Cadete, Val de Lemos 50 – 60 Depordima. Un frouxo arranque condicionou o partido para os de Monforte. Pese a iso, o bo traballo do equipo nos seguintes cuartos fixo que se chegase con opcións de culminar a remontada, pero o equipo visitante controlou a súa ventaxa e acadou a victoria.

En Junior, Abrente Val de Lemos 50 – 48 Maristas. Meritorio triunfo do equipo junior, xa que contaba con pouca rotación debido ás baixas por lesión. O encontro estivo igualado, con moita alternancia no marcador. Nuns intres finais moi emocionantes, os monfortinos foron máis eficaces de cara ó aro e acadaron a victoria.

E en Senior, CB Alaricano 74 – 66 Abrente Val de Lemos. Comezo da segunda fase e partido no que ó descanso, os monfortinos caían por 36-22, pero que tralo paso por vestiarios, e grazas ó bo facer do equipo, entraba igualado no tramo final (60-60). O maior acerto local fixo que a victoria quedara en Allariz.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...