“Un equipo que naceu este ano co único obxectivo de gozar do voleibol sen importar resultados abrindo as portas a todas as persoas maiores de 18 anos que quixesen gozar xogando a volei, deunos unha gran sorpresa cando ao longo da liga mantíñase invicto partido tras partido, agora mesmo as xogadoras xa teñen a espiral no corpo e soñan co ascenso a Primeira División, oxalá o consigan demostraron un gran xogo durante toda a tempada,” sinalan desde o Club.
Antes de empezar a Segunda Fase clasificatoria para o Campionato Galego o club repasa a tempada. As Alevíns xunto á súa adestradora, Noelia López, quedan 4 en Liga Regular e a falta de xogar os cruces loitarán por unha praza no Campionato Galego, igual clasificación teñen as Cadetes, as xogadoras de Yoraxy Melán, quedando nun 4 posto da liga e loitarán ante Pontevedra polo pase ao Campionato Galego, tamén as xuvenís nun 5 posto teñen posibilidades de clasificarse para o devandito campionato.
As xogadoras Infantís de Laida Alvarado continúan cos cruces da segunda fase para manterse en Primeira división, e tamén as cadetes de Terceira división que tamén as adestra Laida e que fixeron unha moi boa primeira fase de Liga están preparándose para o ascenso a Segunda División e así recuperar a categoría que hai algúns anos perdérase.
O C.V. Ribeira Sacra desexa a mellor das sortes nesta segunda Fase de Liga para clasificarse para os Campionatos Galegos e lembran que sempre por encima de gañar ou perder o máis importante é o goce deste deporte.