HomeDeportesResultados da fin de semana no Club Baloncesto Val de Lemos

Resultados da fin de semana no Club Baloncesto Val de Lemos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na categoría Benxamín, tras un comezo frío no que foi mellor o equipo ourensán, o equipo benxamín monfortino repúxose e grazas a unha gran defensa non só recortou distancias no marcador, senón que tamén colleu unha ventaxa que foi incrementando ata alcanzar unha cómoda victoria. Chengando ao final Barbadás 14 – 43 CB Val de Lemos.

Na categoría Alevín os de Monforte enfrontábanse ao Viña do Campo, que gañou 45 – 38. Foi un partido moi igualado, no que o equipo monfortino loitou ata ó final e no que o maior acerto dos locais no tramo final foi determinante para que o triunfo quedara en Ribadavia.

En Infantil xogábase o partido entre os dous primeiros clasificados, que decidía quen sería o campión do grupo.  Os monfortinos fixeron un partido moi serio, no que a defensa foi clave para levar a victoria e así rematar líder e vencedor do grupo. Agora agardan as semifinais polo título ante o AB Xinzo, a partido de ida e volta. COB 31 – 46 CB Val de Lemos

Gran partido o xogado polos Cadetes, boas defensas que permitiron bos ataques e que foron claves para coller unha boa distancia no marcador e traer para Monforte a victoria. CB Maside 40 – 74 CB Val de Lemos

A categoría Junior tivo un encontro moi igualado, que se decidiu nos minutos finais, no que os problemas de faltas persoais e algún que outro problema físico dos monfortinos foron claves no resultado final. Maristas 64 – 56 Abrente Val de Lemos

E na categoría Senior, Abrente Val de Lemos 70 – 47 Depordima. Partido moi completo do equipo senior o que vivimos no Pavillón dos Institutos de Monforte. A gran intensidade defensiva dos monfortinos non permitiu lanzamentos cómodos dos visitantes, ademais de provocar moitas perdas, que facilitaron os ataques locais para alcanzar unha cómoda ventaxa que se foi incrementando ata o 70-47 final.


Senior CB Val de Lemos

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...