A proba conta con 211 persoas inscritas. Hai dúas modalidades de carreira, unha de 22 quilómetros individual ou por relevos que sairá desde Sarria ás 16.30 horas; e outra de 11 quilómetros individual, que ten como punto de partida o núcleo de Mirallos ás 17.30.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e Thor López, en representación da asociación organizadora, o Club Pretorianos, presentaron este mércores na Delegación Territorial da Xunta esta iniciativa, que recibe apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Javier Arias celebrou que a entidade organizadora “contribúa á promoción do Xacobeo sumando dúas experiencias que comparten moitos valores, o deporte e o Camiño de Santiago”. Recalcou que o Camiño Francés “ofrece un escenario único dentro da nosa provincia para conxugar o turismo e o deporte en contacto coa natureza”xacorun,