HomeDeportes1.158 inscritos na XII Carreira Popular do 3 de abril en Monforte

1.158 inscritos na XII Carreira Popular do 3 de abril en Monforte

O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas de Monforte a presenciar as carreiras e a animar ós seus participantes “pois o alto número de inscritos garante que vaiamos a ter un gran ambiente atlético durante a mañá do domingo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os máis cativos comezarán a competir ás 11:00 h. na categoría mini sobre una distancia total de 80 metros e a continuación darán paso á categoría prebenxamín, ás 11:10 h, benxamín ás 11:20 h, alevín ás 11:30 h, e infantil – cadete ás 11:40 h.

Ás 12:00 h. está prevista a saída da carreira absoluta sobre un percorrido de 10.000 metros no que tomarán a saída 413 atletas. O número de inscritos nas restantes carreiras para conformar 14 categorías é o seguinte: Categoría mini: 117 / Categorías prebenxamín: 248 / Categoría benxamín: 150 / Categoría alevín: 136 / Categoría infantil e cadete: 104 / Categoría absoluta: 413.

Percorridos e cortes de tráfico

As probas de categorías menores terán lugar no entorno das rúas Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure con meta no interior da Praza da Compañía, a excepción da carreira de categoría mini que ten a meta á altura dos quioscos situados na rúa Compañía.

A carreira absoluta ten un percorrido totalmente urbano que transcorre polas principais e máis céntricas rúas do Concello: Saída da Praza Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

X Carreira Popular de Monforte. Fonte: Facebook Concello

O tráfico verase afectado do seguinte xeito:

  • Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:
    • R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha
    • Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba
    • Dalmiro de la Válgoma
    • Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.
    • R/ Reboredo, do número 1 ata o paso a nivel.
  • Entre as 11:45 e as 13:30 h. estarán cortadas as seguintes rúas:
    • Aparcamento do Parque dos Condes
    • R/ Compañía
    • R/ Paseo de Lugo
    • R/ Aceña Nova
    • R/ Carud
    • R/ Paredes
    • R/ San Lázaro
    • R/ Duquesa de Alba
    • R/ Dalmiro de la Válgoma
    • Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
    • R/ Sarria
    • Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense
    • Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.
    • R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Prazuela do Conde.
    • R/ Cardenal Rodrígo de Castro
    • R/ Hortas
    • Praza Dr. Goyanes
    • R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón
    • Paseo do Malecón
    • Ponte vella
    • R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal
    • R/ A. Méndez casal
    • Praza Campo de San Antonio
    • Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada
    • Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...