HomeDeportesÉxito de participación e gran ambiente na XII Carreira Popular monfortina

Éxito de participación e gran ambiente na XII Carreira Popular monfortina

1.158 atletas participaron nas diferentes categorías da XII Carreira Popular Concello de Monforte e tanto a explanada da Compañía, como o resto da cidade por onde trancorreu a carreira, amosaron un gran ambiente nun día frío pero solleiro. Éxito do Club de Atletismo A Gándara con 18 trofeos acadados e os tres primeiros homes locais clasificados de Monforte na categoría absoluta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Carreira Popular de Monforte estase consolidando, e os datos de participación así o acreditan, con 1.158 atletas que participaron este ano na súa duodécima edición.

O Alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate competición popular e dixo que “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.

Aínda que estamos a saír da pandemia, todo indica que o interese pola proba monfortina segue medrando ano tras ano e consolídase xa como unha cita no calendario para este tipo de eventos deportivos.

Neste senso, o Alcalde subliñou tamén que “seguimos  recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, tras dous anos de ausencia por mor da Covid”.

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o voceiro municipal do BNG Emilio Sánchez, e as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López.

Como quizais era de esperar, cómpre salientar os bos resultados acadados polas atletas e os atletas que representaban ao Club de Atletismo da Gándara –Monforte– con 18 trofeos acadados e os tres primeiros homes locais clasificados de Monforte na categoría absoluta –Manuel Besteiro, Tomás Díaz e Gabriel Losada–. Especial mención ao atleta Manuel Besteiro, primeiro local na absoluta e terceiro na senior masculino.

Podium tres primeiros atletas de Monforte na categoría absoluta. Foto: Club de Atletismo A Gándara.
Manuel Besteiro cos trofeos. Foto: Club de Atletismo A Gándara.
Unha das entregas de trofeos ás tres primeiras clasificadas. Foto: Concello de Monforte

RESULTADOS

En categoría masculina absoluta, o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández e na absoluta feminina, resultou gañadora a deportista monfortina María Cedrón.

Toda a información sobre a carreira pódese consultar en https://monforte10k.com e na web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...