HomeDeportesO Korbis Campión Galego Infantil por partida dobre

O Korbis Campión Galego Infantil por partida dobre

O Club Korbis proclámase Campión Galego no infantil masculino celebrado en San Sadurniño, e no feminino celebrado este domingo en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Korbis viviu unha fin de semana para lembrar proclamándose campión autonómico por partida dobre. O sábado, en San Sadurniño, o equipo infantil masculino vencía en semifinais por un claro 3 a 0 ao Club Voleibol Vigo. A final foi un partido de infarto con continuas alternativas no marcador para que no quinto e definitivo set lograsen vencer ao Club Boiro Voleibol por 18-16.

Korbis masculino campión galego 2022

O domingo na casa, o equipo feminino sufriu nas semifinais para impoñerse por 3 a 1 Xuvenil Teis de Pontevedra. Na final contra, as Calasancias da Coruña, as mozas de Juliana realizaron un partido case perfecto para impoñerse por un rotundo 3 a 0. Nomeáronse mellores xogadores dos partidos, Izán Rodríguez no masculino e e Jessica Pérez no feminino.

Estel luns pola tarde os dous equipos ofrecerán os seus títulos á afección nun acto previo á disputa do partido cadete infantil feminino que necesita remontar un 3 a 0 para clasificarse para o campionato galego.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...