HomeDeportes180.000 euros para mellorar instalacións deportivas en Monforte

180.000 euros para mellorar instalacións deportivas en Monforte

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou investimentos en dúas importantes instalacións deportivas da cidade: o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dun investimento total de máis de 180.000 euros, en concreto, 181.735,79 €, en proxectos “dos que xa estamos ultimando a súa posta en marcha e execución, xunto coa Concellería de Deportes, proxectos que sen dúbida mellorarán significativamente as instalacións e os servizos ofertados por estas dúas instalacións deportivas municipais”, sinala o Alcalde.

CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DA PINGUELA

As actuacións que o se prevén acometer no Campo Municipal de Fútbol da Pinguela son:

  • A renovación do terreo de xogo do campo, cun investimento de 48.309,25 €.
  • A mellora da iluminación do campo de fútbol e as pistas de atletismo,  e a instalación de iluminación nas gradas, por un total de 47.795,00 €.
  • A instalación de vídeo marcador de 9 metros cadrados cun investimento de 23.995,24 €

O investimento total previsto parar esta instalación é de 120.099,49 €.

CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL LUÍS BODEGAS

Polo que respecta ao Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas, o concello ten previstas as seguintes actuacións.

  • Mellora da iluminación dos campos de fútbol, con cambio a tecnoloxía LED, por un valor estimado de 45.980,00 €.
  • Instalación dun vídeo marcador de 5 metros cadrados cun orzamento estimado de 15.656,30 €.

O investimento total neste caso será de 61.636,30 €

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...