HomeDeportesO Autonómico de Trail Running de Montaña o día 12 en Esgos

O Autonómico de Trail Running de Montaña o día 12 en Esgos

Este domingo o Concello de Esgos como ven facendo nos últimos anos, acolle unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na subespecialidade de Carreiras de Montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Logo da ausencia nos dous últimos anos, retómase esta modalidade do Trail Running na que destaca a presenza da atleta máster internacional do Comesañasa Sporting Club, Soledad Castro Soliño, quen defende o título logrado na última edición do ano 2019. De igual modo tamén estarán os últimos campións galegos M45 e M50, José Mira, do Burgas Ourense e Juan Rivas do Cambados Seguro Noval así como a subcampioa F50, Monserrat Carreira ,do Comesaña S.C.

A saída está prevista para as 11:00 horas diante da Casa do Concello de Esgos, discurrindo a proba por unha fermosa e espectacular contorna da montaña ourensá cuxo percorrido total é de 13 k. A altura máxima rexistrarase en O Eirado na que se alcanzará os 1.163 m. e a mínima en Esgos onde a cota será de 581 m.

Durante o campionato haberá puntos de avituallamento no Mosteiro de San Pedro das Rocas, Arcos, Virxe do Monte e na chegada situada en Esgos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...