HomeDeportesDúas medallas para Roi Salgueiro no Campionato de España de menores da...

Dúas medallas para Roi Salgueiro no Campionato de España de menores da ONCE, a pesar das dificultades para adestrar en Monforte

"Como sempre, á hora de comenzar as obras, non se tivo en conta que A Gándara ten 60 atletas federados que usan o campo de fútbol da Pinguela mínimo tres días á semana. Levamos máis de 15 días sen poder usar as pistas de atletismo por mor das obras", sinalan desde a directiva da Gándara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pasada fin de semana, 11 e 12 de xuño, celebrouse en Segovia o Campionato de España de menores da ONCE onde o atleta da Gándara, Roi Salgueiro Montero, conseguiu dúas medallas, o bronce na proba de 1500m e a prata nos 400

“A pesar das altas temperaturas e da imposibilidade de adestrar con normalidade desde que comenzaron as obras no Campo de Fútbol da Pinguela, Roi fixo un grandísimo campionato traendo dúas medallas para Monforte”, afirma Rubén de Vicente, presidente do Atletismo A Gándara,

Atletismo A Gándara reclámalle ao Concello de Monforte alternativas para que convivan obras e adestramentos

Desde o centro presentaron un escrito no concello solicitando que se busque a maneira de que poidan convivir adestramentos e obras, “Tivemos que suspender a Escola de Atletismo porque non podemos ter a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos correndo polas rúas e os atletas maiores fan o que poden”, din desde a directiva da Gándara.

Rubén Castro, o adestrador da Gándara lembra que se está a final de tempada, cos conseguintes Campionatos Galegos e de España das distintas categorías a punto de celebrarse “e levamos desde o 1 de xuño sen posibilidade de usar as únicas pistas de atletismo que hai no Concello de Monforte.” A pesar de que desde o concello se lles comunicou que as obras durarían unha semana, xa van tres semanas sen poder adestrar, “non o podemos soportar, hai atletas que se xogan moito neste último momento da tempada e non é xusto que paguen eles pola falta de planificación e organización do Concello”, conclúe Rubén.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...