HomeDeportesDomingo de ciclismo en Monforte

Domingo de ciclismo en Monforte

Monforte acolle este domingo, 19 de xuño pola mañá ,o GP Master Ribeira Sacra de ciclismo, con saída e meta no conxunto monumental de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O “Gran Premio Master Ribeira Sacra” de ciclismo, que organiza o Club Ciclista Chantadino, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, de Moto Vuelta e o patrocinio do Concello de Monforte, reunirá a uns 200 ciclistas na cidade do Cabe.

A saída, que será neutralizada, terá lugar ás 11:00 h. dende San Vicente para posteriormente dirixirse a Bóveda, Rubián, A Pobra do Brollón e Sober dende onde se dirixirán novamente a Monforte entrando pola N-120A.

Xa no Concello monfortino, os ciclistas continuarán pola rúa Bo Casar, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, rúa San Pedro, rúa Leopoldo Calvo Sotelo e rúa Lagares ó final da cal os ciclistas encararán a subida a San Vicente, onde estará situada a meta. Estímase que os deportistas crucen a liña de meta en torno ás 12:50 h.

A praza Luís de Góngora, en San Vicente, será o escenario da entrega de premios que terá lugar ao redor das 13:15 h.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...