HomeDeportesA monfortina Saray González chamada pola Real Federación Española de Voleibol

A monfortina Saray González chamada pola Real Federación Española de Voleibol

A xogadora cadete Saray González foi chamada pola Real Federación Española de Voleibol para formar parte a vindeira tempada da Concentración Permanente de Soria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con Saray González son xa 10 xogadoras as que o Club Voleibol Ribeira Sacra ten achegado á Permanente de Soria sendo as máis recentes Antía Rodríguez, que actualmente estuda e é xogadora profesional de voleibol en Estados Unidos, e a quiroguesa Carolina Camino que xoga en Superliga no Club Arenal Emeve.

“Esta traxectoria, e que a Federación Española fixase unha vez máis nas nosas xogadoras é sinónimo do gran traballo que se está realizando tempada tras tempada por parte do club e os seus adestradores”, sinalan dende o club.

Saray González empezou no club sendo alevín e medrou como xogadora da man de grandes adestradores como Verónica Contreras, a súa primeira adestradora, pasando por Manolo Martínez e Laida Alvarado, ata a súa actual adestradora Yoraxy Melean.

Desde o Club Voleibol Ribeira Sacra amosan a súa satisfacción e orgullo pola chamada de Saray e trasládanlle os seus mellores desexos para que esta oportunidade consolide a súa paixón polo voleibol e “sexa un trampolín para chegar tamén a ser unha xogadora profesional”.  

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...