HomeDeportesDesde este luns están abertas ó público as pistas de atletismo da...

Desde este luns están abertas ó público as pistas de atletismo da Pinguela

O concello de Monforte informa de que este luns, 20 de xuño, abrirán novamente ó público as Pistas de Atletismo Saleta Fernández López, a partir das 15:00 h,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As pistas poden abrirse despois de que a empresa encargada das obras de renovación do terreo de xogo do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela rematara a primeira fase das mesmas durante a pasada fin de semana.

Durante esta primeira fase das obras, que obrigou ao peche das pistas de atletismo debido á utilización de maquinaria pesada para levalas a cabo, realizouse a retirada da cuberta vexetal existente así como a descompactación do terreo de xogo. Posteriormente levouse a cabo o subministro de área silicea e procedeuse ó sementado de toda a superficie do terreo de xogo cunha fórmula específica para campos de fútbol.

“Rematada a primeira fase das obras”, explicou José Tomé Roca, “que concluíu co sementado do novo céspede, a empresa encargada de realizar os traballos levará a cabo o control da evolución do nacemento de dito céspede aplicando os tratamentos e abonados necesarios ata que o terreo de xogo estea listo para poder acoller partidos de competición”. A empresa encargada de realizar a obras foi “Calfensa Proyectos S.L.” e contou cun orzamento de 48.309,25 €.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...