HomeDeportesAs féminas sarriás de baloncesto subcampioas dos 'Xogos do Eixo Atlántico'

As féminas sarriás de baloncesto subcampioas dos ‘Xogos do Eixo Atlántico’

A Área de Deportes do Concello de Sarria fai balance da participación nos Xogos do Eixo Atlántico e amosan o seu orgullo polo excelente subcampionato da sección feminina de baloncesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As rapazas do equipo de baloncesto que representaron a Sarria nos ‘Xogos do Eixo Atlántico’ quedaron subcampioas tras competir contra grandes seleccións como Braga, Vila Real, Lugo… e só a de Santiago puido con elas.

Cata, Claudia, Eva, Gabi, Lúa, Lucía, Mencía, Noa, Paula, Sara, Trebolle, Uxía e Zoe son historia do deporte de Sarria e esta non será a única alegría que van dar segundo vaticinan dende o concello.

No baloncesto masculino acadouse un magnífico décimo terceiro posto, mellorando as clasificacións doutras edicións, con baixas de última hora, que fan aínda mellor o resultado.

No fútbol, o equipo que participaba quedou oitavo de dezasete pero non se lles pode restar valor ao resultado dado o alto nivel das seleccións contra as que competiron.

O Concelleiro Félix Seijas recibiu múltiples felicitacións, tanto da organización como doutros concellos galegos e cámaras portuguesas.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...