HomeDeportesComeza a '48 Subida a Chantada'

Comeza a ’48 Subida a Chantada’

Este ano farase en memoria de Merce --Mercedes Arias Serna--, veciña recentemente falecida que estaba moi vinculada a esta proba automobilística, á S.D. Chantada e ao deporte chantadino. Terá lugar do 22 ao 24 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Subida a Chantada puntúa para o Campionato de España de Montaña e traerá dende o venres, 22 ao domingo 24 de xullo aos mellores equipos nacionais.

Como novidade desta 48 edición, este venres 22 de xullo ás 21:00 h. farase unha “cerimonia de saída” dos 74 pilotos inscritos. Iranse presentando en grupos de 5 en 5 coches diante do Auditorio Municipal. Tódalas e tódolos afeccionadas e afeccionados pódense achegar a vela. Unha vez presentados os vehículos volverán ao parque pechado da rúa Xoán XXIII.

CORTES DE TRÁFICO

Coma tódolos anos cortarase a estrada LU C-533 ao tráfico:

– Sábado, 23 de xullo a partir das 10:00 h. ata as 19:00 h. aproximadamente.

– Domingo, 24 de xullo a partir das 7:30 h. ata as 14:30 h. aproximadamente

– Desvío alternativo pola estrada CP-1811 a través do encoro de Belesar.

PRESENTACIÓN

Ao acto de presentación, que tivo lugar o mércores 20 de xullo, acudiron Manuel Diéguez, conselleiro de Cultura e alcalde en funcións do Concello de Chantada; Manuel Cadramón, delegado de Deporte Galego Xunta de Galicia; Xosé María Arias, deputado provincial da Deputación de Lugo; Raquel López, concelleira do Concello de Chantada polo PSdeG-PSOE Chantada; Alfonso Viana, presidente do Comité Organizador da proba; colaboradores, pilotos e tamén David Teixeira, vicepresidente da Cámara Municipal de Municipio de Montalegre.

A devandita localidade portuguesa celebra os días 17 e 18 de setembro o Campionato do Mundo de Rally Cross Circuíto Internacional de Montalegre. Aproveitan a carreira de Chantada polas ribeiras chantadinas para publicitala e tamén para que un dos seus pilotos, João Pires, corra esta fin de semana.

Horarios e desvíos

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...