HomeDeportesSarria volverá vibrar co seu espectacular ‘Descenso Urbano’

Sarria volverá vibrar co seu espectacular ‘Descenso Urbano’

A competición chega este ano á súa novena edición, tras dous anos de parón por mor da pandemia, e encherá a vila entre participantes, acompañantes e visitantes esta última fin de semana de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

Disque o circuíto deseñado en Sarria para realizar este descenso en bicicleta é un dos mellores de España, e segundo a organización este ano terá un percorrido espectacular con ramplas e atrancos espectaculares.

Esta fin de semana, días 30 e 31 de xullo, poderanse ver en acción na vila de Sarria uns 200 deportistas amantes desta modalidade de ciclismo extremo chegados de toda España.

Esta competición está organizada polo club DHGalicia –DHGTEAM–, club fundando no 2011e cunha traxectoria importante ás súas costas organizando eventos en disciplinas como o Mountain Bike, o Enduro, Downhill, Dirtjump, etc, e conta coa colaboración do Concello de Sarria e máis da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Xunta.

O descenso urbano comezará o sábado 30 pola mañá cos adestramentos do Mini Descenso Urbano no que participarán os máis pequenos; de 9:30 a 11:00 h. serán os adestramentos e ás 11:15 h. a carreira. Ás 14:00 h. entregaranse os premios.

Pola tarde, adestramentos xa do DHU Vila de Sarria DHGTEAM –BTT Descenso– entre as 17:00 e as 21:00 h. E xa o domingo 31 de xullo a xornada grande con adestramentos pola mañá, entre as 10:00 e as 14:00 h. e xa a competición en dúas mangas entre as 16:00 e as 18:30 h. O peche da competición e a entrega de premios será ás 19:00 h. Como novidade, a competición da tarde será retransmitida pola TVG.

No que respecta ao percorrido, o punto de partida é o Campo da Feira para a continuación baixar pola Rúa Maior, a Escalinata Maior, o cruce da Avenida, Diego Pazos e Toleiro. O remate, no paseo do Malecón.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...