HomeDeportesEntrega de trofeos da IV Milla Urbana Monforte

Entrega de trofeos da IV Milla Urbana Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou os trofeos da IV Milla Urbana Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A milla disputouse nun circuito urbano situado na rúa Reboredo, e contou con dez categorías e un total de 180 corredores. Os gañadores foron a monfortina, María Cedrón, que investiu 5:16 minutos, superando nun segundo á segunda clasificada e o pontevedrés, Pablo Gocelo Bocelo que o fixon nun tempo de 4:33 minutos, tamén cun segundo de diferencia con respecto ao seguinte clasificado.

Na categoría de promoción feminina, Martina Pérez chegou primeira e Mauro Figueiras fíxoo na categoría masculina. En alevín-infantil impúxose Mateo Rodríguez; en máster A, Rubén Castro, en máster B-C-D, Serafín Rodríguez.

O club da Gándara foi o que máis corredores achegou a eta proba que levaba desde o 2019 sen celebrarse.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...