HomeDeportesTres Quilómetros verticais en 2 días

Tres Quilómetros verticais en 2 días

Os días 20 e 21 de agosto celébrase a 4ª Edición dos Quilómetros Verticais Cumes do Courel organizados polo Concello Folgoso do Courel e Montouto Club de Montaña. Este ano como novidade, o Quilómetro Vertical Formigueiros, o sábado dia 20 ás 16 h. será por primeira vez Campionato Galego Individual e por Clubs de Carreiras Verticais da F.G.M. (Federación Galega de Montañismo)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 20 de agosto, ás 16:00h tomarán a saída os participantes do QV Formigueiros (3.9 km e 950 de desnivel positivo) e ás 21.30h volverán colocarse na liña de saída para o QV Coto (2 km e 500 de desnivel positivo). Como colofón final, o domingo 21 ás 10:00h QV Penaboa (4.6 km e 960 de desnivel positivo).

As probas disputaranse en Moreda e Ferreirós de Abaixo no Concello Folgoso do Courel e no Xeoparque Montañas do Courel. Con 110 rexistrados de diferentes puntos de España e coa presenza dos mellores especialistas en carreiras verticais de Galicia, María Ferreiro e Borja Varela tentarán revalidar a súa vitoria do ano anterior.

A primeira e o primeiro clasificado con licenza FGM do ano en curso do QV Formigueiros farase co título de Campión Galego de Carreira Vertical. Os Clubs con federados en FGM poderán disputar o título de Campionato Galego de Carrera Vertical de Clubs.

Como parte dos eventos da fin de semana, a organización ofrece tres roteiros de sendeirismo con saídas o sábado ás 15:00h e ás 20:30h e o domingo ás 9:00h. Todas elas son guiadas e de dificultade alta. Pódese consultar toda a información e horarios na web www.quirogatrail.es.

ÚLTIMAS

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...