HomeDeportesEntrega de premios do Torneo de Volei Praia do Cuadrado

Entrega de premios do Torneo de Volei Praia do Cuadrado

O torneo disputouse no Parque dos Condes entre o sábado 20 e onte domingo 28 de agosto, batendo récord de participación con 163 parellas inscritas, o que suporá un total de 346 partidos ó longo dos 9 días de duración do torneo. E os participantes anotados foron dende os 9 ata os 62 anos de idade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, o de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixo entrega na madrugada de onte dos premios e trofeos da 12ª edición do Torneo de Volei Praia do Cadrado.

A asignación municipal para cubrir estes gastos comentados polo rexedor monfortino é de 4.550 €, e nela incluíronse os costes da instalación dos campos de xogo así como da dotación do material necesario para a disputa dos partidos: postes, redes, cadeiras de arbitraxe, valos e liñas de marca de delimitación dos campos, etc. O Concello de Monforte tamén aportou o subministro de trofeos e medallas.

Relación de participantes premiados

SUB 12

  • 1º.- Paula, Aina e Angie
  • 2º.- Candela, Alma e Irene
  • 3º.- Clara, Ángela e Uxía

SUB 15

  • 1º.- Pena e Izan
  • 2º.- Uxía e Olivia
  • 3º.- Dalox e Borja

SUB 19 Masculino

  • 1º.- Cota e Óscar
  • 2º.- Anier e Borja
  • 3º.- Robredo e Rodrigo

SUB 19 Feminino

  • 1º.- Carla e Carol
  • 2º.- Uxía e Jessica
  • 3º.- Luzía e Candela

SUB 18 mixto

  • 1º.- Luis e Uxía
  • 2º.- Marcos e Jessica
  • 3º.- Izan e Olivia

Feminino

  • 1º.- Carla e Uxía
  • 2º.- Jana e Xiana
  • 3º.- Esther y Alicia

Masculino

  • 1º.- David e Javi
  • 2º.- Cota e Óscar
  • 3º.- Jaime e Dani

Mixto

  • 1º.- Marcos e Uxía
  • 2º.- Xiana e Jaime
  • 3º.- Candela e Izan

Súper 80

  • 1º.- Ana e María
  • 2º.- Juan e Miguel
  • 3º.- Ramudo e Núñez

Padre e Fillos

  • 1º.- Núñez e Izan
  • 2º.- Lucía e Esporas
  • 3º.- Valeria e Juan

ÚLTIMAS

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...

A Xudaría de Monforte en La2 este 13 de outubro ás 12:00h

A presenza do Concello de Monforte neste documental, que supón unha importante acción promocional,...