HomeDeportesNuria López, a atleta do Saviñao 33 veces campioa de España en...

Nuria López, a atleta do Saviñao 33 veces campioa de España en cadeira de rodas, foi recibida na Deputación

A atleta atesoura 33 medallas de ouro nas distancias de 200, 400 e 100 metros e ao longo da súa traxectoria profesional bateu ademais o récord de España 8 veces nas diferentes modalidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos á atleta do Saviñao, Nuria López Fernández, 33 veces campioa de España en cadeira de rodas.

Tomé Roca recoñeceu a traxectoria profesional desta deportista e destacou que “o deporte é unha ferramenta moi poderosa para a integración e a inclusión das persoas con mobilidade reducida” e puxo en valor o exemplo da deportista do Saviñao, “que co seu esforzo e dedicación converteuse nunha gran campioa”. O mandatario provincial fíxolle entrega á campioa dunha figura gravada coa fachada do Pazo provincial para agradecerlle o seu labor de levar o nome da provincia por todo o territorio nacional.

Nuria López Fernández empezou a practicar atletismo no 2015, case por casualidade, e o seu afán de superación levouna a competir ao máis alto nivel. Agora ten a aspiración de participar nun Mundial.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...