HomeDeportesO Quiroga Trail Challenge volve con máis forza que nunca

O Quiroga Trail Challenge volve con máis forza que nunca

Este domingo, 30 de outubro, ás 20:00h abriranse as inscricións para esta nova edición de Quiroga Trail Challenge que terá lugar os días 4 e 5 de febreiro de 2023. Os incendios sufridos o pasado mes de xullo nos montes de Quiroga non impedirán que este evento deportivo celebre a súa 9ª edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 30 de outubro, ás 20:00h abriranse as inscricións para esta nova edición de Quiroga Trail Challenge que terá lugar os días 4 e 5 de febreiro de 2023. Os incendios sufridos o pasado mes de xullo nos montes de Quiroga non impedirán que este evento deportivo celebre a súa 9ª edición.

Con máis ganas que nunca o Club Deportivo Montouto e o Concello de Quiroga asumen o reto de reinventarse e crear novos percorridos. Coa intención de manter, no posible, o percorridos pero sen transitar zonas afectadas polo lume, a organización optou por unir Castelo e Lor dando como resultado un Ultra Trail de case 61kms, esta vez en sentido contrario ao de anos anteriores no percorrido do Lor pero superando a súa dureza e nivel técnico. Deste xeito os participantes poderán gozar dos lugares máis inexplorados do Xeoparque Montañas do Courel.

Todo isto, sen esquecer aos corredores de distancias máis curtas ou aqueles que se inician nas carreiras por montaña para os que, Quiroga Trail Challenge ofrece unha ampla variedade de distancias. O 4 de febreiro no Trail do Castelo Ultra de 61 km, Maratón 44 Km, Trail 25 Km, Mini Trail 15Km, e Andaina de 17Km; e o 5 de febreiro no Trail do Lor Trail de  25 Km e Mini trail de 15Km.

Espérase unha gran afluencia de corredores, do mesmo xeito que na pasada edición, que tras a apertura de inscricións en tan só tres horas recibíronse 700 inscricións, chegando a 1.350 participantes, esgotando así o total de prazas dispoñibles e esgotando todas as prazas hostaleiras nun radio de 30 Km. Toda a información e inscricións en www.quirogatrail.es

Quiroga Trail Challenge / Facebook

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...