Máis de 900 corredoras e corredores xa están inscritos na novena edicion Quiroga Trail Challengue desde que se abriu o prazo o pasado 30 de outubro. Os corredores responderon unha vez máis á chamada desta proba deportiva, debido a que xa están cubertas todas as prazas do Trail do Castelo Fisiosport (25 quilómetros), Circuito Ultra Casa de Outeiro (88), Ultra do Castelo Casa de Outeiro (61) e Maratón do Castelo Casa do Estanco (44 km) A proba pode correrse en formato de circuíto os días 4 e 5 de febreiro ou un só dos días nas diferentes distancias que conforman a proba .
TRAIL DO CASTELO: 4 de febreiro.
- ULTRA:61km
 - MARATÓN:44 km
 - TRAIL FISIOSPORT: 25 km
 - MINITRAIL:17 km
 - ANDAINA COURELEANDO: 17 km
 
TRAIL DO LOR: 5 de febreiro.
- TRAIL FISIOSPORT: 27 km
 - MINITRAIL: 15 km
 
Os corredores poden elixir correr as etapas de maneira separada ou conxunta. Accedendo así á clasificación do QUIROGA TRAIL CHALLENGE de acordo ás combinacións que determina a organización. En circuíto, de maneira obrigatoria, deberá realizarse a seguinte combinación de etapas:
- ULTRA CASA DE OUTEIRO (ULTRA DO CASTELO 61KM + TRAIL DO LOR 27KM): 88 KM
 - MARATÓN CASA DO ESTANCO (MARATON DO CASTELO 44KM + TRAIL DO LOR 27KM): 71 KM
 - TRAIL FISIOSPORT (TRAIL DO CASTELO25KM +TRAIL DO LOR 27KM): 52 KM
 - MINITRAIL ADEGAS EDV ( MINITRAIL DO CASTELO17KM + MINITRAIL DO LOR15KM): 32 Km
 


                                    