HomeDeportesLáncara xa ten pista multideportiva

Láncara xa ten pista multideportiva

A nova instalación, á que a Deputación adica 50.000 euros, ubícase na Pobra de San Xillao, no contorno de Valdriz, ao caron do río Neira.

Publicado o

- Advertisement -

A pista multideportiva ocupa un espazo de 22×12 metros. Ten herba artificial e conta con porterías, canastras de baloncesto e cunha rede interior móbil para permitir a práctica doutras modalidades deportivas como o bádminton e voleibol.

A ubicación en Valdriz decidiuse coa intención de humanizar este espazo verde ao carón do río. En próximas actuacións o concello quere iluminar a pista deportiva e  acondicionar o paseo do río.

Desde a Deputación sinalan que con este tipo de actuacións se pretende dotar aos concellos de servizos públicos que garantan a igualdade de oportunidades e combatan o despoboamento. Apostando, neste caso, polo deporte como hábito de vida saudable. O Presidente provincial, Darío Campos, aseguraba que a Deputación de Lugo é a 1ª de Galicia e a 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante.

ÚLTIMAS

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega...

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...