HomeDeportesO atleta da Gándara, Gabriel Losada, subcampión galego de cross sub20

O atleta da Gándara, Gabriel Losada, subcampión galego de cross sub20

Sobre o hipódromo de Antela máis de trecentos atletas das categorias Sub20, Sub23 e absolutos tomaron parte no Campionato Xunta de Galicia de campo a través desenvolto o domingo 15 na localidade ourensá de Xinzo de Limia baixo a organización da Federación Galega de Atletismo e o Clube Limia Activia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Bo balance para os atletas do Club de Atletismo A Gándara que desprazou dous atletas na categoría sub 20, o mellor resultado veu da man de Gabriel Losada que cun tempo de 27:19 recorreu os 7km do circuito e acadou o segundo posto, proclamándose subcampión galego de cross na categoría sub20.

Ademais, o soberino, Herbert Trail, acadou unha 7º posición cun tempo de 28min e 56 segundos

O Club monfortino comenza esta tempada de cross con moi bos resultados, agardando unha gran participación das atletas monfortinas/os no próximo campionato Galego de categoría menores que se celebrará en Rivadavia o próximo 28 así como a clasificatoria do Xogade que se celebrará en Monforte o domingo 29.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...