HomeDeportesO ciclo medio de fútbol do IES Río Cabe visita ao Real...

O ciclo medio de fútbol do IES Río Cabe visita ao Real Betis Balompié

Dentro da formación do Ciclo Medio de Fútbol que se imparte no IES Río Cabe, varios alumnos do centro e do CIFP Universidade Laboral de Culleredo desenvolveron unha actividade formativa visitando ó Real BETIS Balompié.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os futuros adestradores comezaron a visita invitados ó adestramento do Real Betis Futsal, dirixido polo galego Bruno García. Que presentou a programación e metodoloxía aplicada ó seu grupo. Alumnos e profesores asistiron ó adestramento do primeiro equipo na cidade deportiva e disfrutaron de charlas formativas a cargo do responsable do Departamento de Análisis Táctico e do Preparador Físico, o tamén galego Félix Fdez. Cao.

Outra das xornadas permitiu ver a sesión prepartido no Estadio Benito Villamarín, outra formación de Preparación Física orientada ó control de cargas e recuperación funcional de futbolistas e rematou cun debate cos futbolistas Borja Iglesias e Joaquín Sánchez. Como broche final á visita formativa, o xoves 16, toda a expedición de técnicos galegos presenciou o partido de Europa League ante o Manchester United.

O equipo directivo do IES Río Cabe agradece a todos os participantes nesta actividade os esforzos realizados para que puidese saír adiante.

Ciclo de fútbol do IES Río Cabe visita ao Betis / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...