Na maioría das modalidades está previsto un desconto do 50% do custe das actividades para as familias numerosas, prevese ademáis, a reserva de 6 prazas para persoas con unha discapacidade superior ao 33%. As actividades ofertadas para o verán 2023 son:
1.-Campamento deportivo de verán, distribuído en 3 quendas, de luns a venres de 10:00 a 14:00 h:
- do 3 ao 14 de xullo
- do 17 ao 31 de xullo
- do 1 ao 14 de agosto
Poden participar nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2011 e o 31.12.2018. O custe de cada unha das quendas do campamento é o seguinte:
- Matrícula sen trasporte: 51,75 € por quincena.
- Matrícula con transporte: 67,28 € por quincena.
2.-XVII Campus de Fútbol Cidade de Monforte:
O Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo ten como obxectivo que nenos e nenas poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo. A actividades celebrarase entre os días 31 de xullo e 4 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. Dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2009 e o 31.12.2016. O custe da actividade é de 26,91 €.
3.-Cursos de tenis: O horario das clases en cada unha das quendas será os martes e xoves non festivos (clases de 1 hora de duración a partir das 10:00 h.) O custe da actividade é de 20,70 €. O lugar de celebración serán as Pistas Municipais de tenis da Pinguela.
Os cursos de tenis están distribuidos en 3 quendas:
- do 3 ao 14 de xullo
- do 17 ao 31 de xullo
- do 1 ao 14 de agosto
Para participar destas actividades terán que inscribirse de xeito telemático a través da páxina web www.monfortedelemos.es entre o 23 e o 31 de maio. A lista de persoas admitidas e lista de espera publicarase o día 9 de xuño. A inscrición definitiva farase entre o 12 e o 22 de xuño.
4.-Cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal:
Os cursos de categoría infantil e nenos serán intensivos por quincenas con clases de luns a venres, mentres que os cursos dirixidos a bebés e adultos serán mensuais con dúas clases á semana.
Para levar a cabo as inscricións nalgún dos cursos ofertados as persoas interesadas deberán acudir á Piscina Climatizada Municipal a partir do 20 de xuño, as persoas aboadas, e a partir do 23 de xuño as non aboadas.