HomeDeportesPromoción de estilos de vida saudable no CEIP Plurilingüe de Monforte

Promoción de estilos de vida saudable no CEIP Plurilingüe de Monforte

O CEIP Plurilingüe de Monforte realizou a pasada semana diferentes actividades relacionadas co Proxecto de Vida Activa e Saudable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 2 de xuño, un grupo de 25 alumnos/as do Colexio Novo participou nunha actividade de piragüismo en colaboración co club Quixós de Monforte. A actividade práctica desta ocasión foi o complemento a unha sesión teórica que tivo lugar a semana previa no propio centro e que impartiu o seu director deportivo. Díaz explicou os aspectos máis importantes deste deporte e deu a coñecer o club.

Realizando a actividade de piragüismo. Foto: CEIP Plurilingüe de Monforte.

Ademais da sesión de piragüismo, días atrás un grupo de 5º de Primaria estivo no rocódromo de Lugo para realizar unha actividade de iniciación á escalada.

A participación do centro educativo neste tipo de actividades intégrase dentro do programa Xogade, programa convocado pola Secretaría Xeral para o Deporte co obxectivo de fomentar e estender a práctica deportiva a toda a poboación escolar. O CEIP leva 4 anos participando neste programa.

OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DE XOGADE NO CURSO 2022-2023

O centro monfortino realizou campo a través, competiu nunha proba escolar de voleibol proclamándose campión provincial na categoría alevín mixto, e tamén no programa “Pequevolei” organizado pola Real Federación de voleibol.

Cómpre sinalar tamén a súa participación na aplicación das probas do programa DAFIS, unha ferramenta elaborada ao amparo do Plan Galicia Saudable e que foi seleccionada en 2018 pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.

Actividade de Campo a través. Foto: CEIP Plurilingüe de Monforte.

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE

As accións devanditas, segundo explican fontes do CEIP Plurilingüe de Monforte, “están enmarcadas dentro do Proxecto de Vida Activa e Saudable” do centro; programa que consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable na busca do aumento diario de actividade física que realiza o alumnado, dentro ou fóra do centro”.

ÚLTIMAS

Deputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o máximo responsable do...

Teatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte de Lemos

O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes...

Sesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

Contactamos con vós dende A MESA Lemos para informarvos dunha actividade que organizamos e que terá...

Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)

No século XVI foi cabeza de xurisdición, señoreada polos Riba de Neira, que alí tiveron mordomos...