HomeEconomíaAs compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón organiza o I Mercado de Nadal que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro, antes de Reis. A cita desenvolverase na Praza do Concello en horario de 11:00h a 19:00h, contando con postos de artesanía, alimentación, antigüidades, decoración, xoguetes…

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal e numerosas actividades infantís para a dar a benvida ao novo ano. Este venres, 2 de xaneiro no Pavillón Municipal, a cativada contará cos xogos de Infantilandia, que se desenvolverán en horario de 17:00 a 20:00h.

Durante a fin de semana, coincidindo co Mercado de Nadal tamén se organizan interesantes actividades no Edificio Sociocultural para a os máis pequenos da casa. O sábado, 3 de xaneiro, haberá contacontos ás 11:00h con Filipa cos contos e obradoiro de globoflexia ás 17:00h. O domingo, 4 de xaneiro, desde as 11:00h celebrarase o taller pelotas divertidas.

O 5 de xaneiro co Festival de Reis Magos pecharase a programación de Nadal en Pantón, con actividades na Praza do Concello desde as 17:00h. Desde as 18:00h, as Súas Maxestades reciben no salón de actos do Edificio Sociocultural ás nenas e nenos de Pantón e farase entrega dos premios do Concurso de Beléns e de Postais.

Durante o I Mercado de Nadal contarase cunha decena de postos nos que atopar o necesario para as compras de Reis: costura, xabóns e candeas, arxila, gancho, galletas, bolsos, xoguetes, xoias ou papelería, ademais dun posto solidario.

Desde o Concello amosan a súa satisfacción polas propostas inscritas na Mostra, “Incorporamos o Merfcado como novidade na programación de Nadal, para facilitar as compras de Reis. Os postos inscritos son de produtores das parroquias e de zonas próximas, que veñen a ofrecer produtos de calidade e de cercanía. Estamos moi contentos coas propostas que ofrecerán á veciñanza”, asegura o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...