HomesociedadeToma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este venres a toma de posesión como funcionarios en prácticas dos dous novos policías municipais. Os dous novos axentes son os que obtiveron a maior puntuación no proceso selectivo previo: Aarón Lobelos Liñeiro, natural de Fisterra (A Coruña) e  David Marcos Pérez, do Concello veciño de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano na citada Academia, e de xullo a setembro no Concello de Monforte. Unha vez superadas ambas fases, os dous novos axentes tomarán posesión definitiva como funcionarios de carreira nas prazas asignadas no Concello de Monforte, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

Acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Alcalde aproveitou o acto para departir cos dous novos axentes e desexarlle sorte nesta nova etapa de prácticas previa a comezar o seu traballo ao servizo da cidadanía de Monforte.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...