HomeDeportes88 pilotos na 49 Subida a Chantada que arrinca este venres

88 pilotos na 49 Subida a Chantada que arrinca este venres

Este venres a partir das 21:00 h. realizarase a "Cerimonia de Saída" onde se presentarán a tódolos participantes na Praza Santa Ana. Coma tódolos anos, cortarase a estrada LU C-533 ao tráfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este semana presentouse na rúa Leonardo Rodríguez de Chantada a 49 edición da Subida de Chantada. Membros do comité organizador, o seu presidente, Alfonso Viana, o delegado de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, a concelleira de Deportes, Belén Vázquez e o alcalde de Chantada, Manuel L. Varela, participaron no acto de presentación desta proba tan importante no automobilismo galego e español.

88 pilotos serán os que correrán esta 49ª Subida a Chantada que este ano realízase en homenaxe a Manuel Varela González, presidente e organizador a mediados dos anos 80 e que faleceu a finais de marzo deste ano.

Cortarase a estrada LU C-533 ao tráfico:

  • Sábado, 15 de xullo a partir das 10:00 h. ata a finalización dos adestramentos a última hora da tarde.
  • Domingo, 16 de xullo a partir das 7:30 h. ata as 15:00 h. aproximadamente, dependendo do desenvolvemento da carreira.
  • DESVÍO ALTERNATIVO: Estrada CP – 1811 a través do encoro de Belesar.

Máis información da carreira e os tempos da carreira en directo a través da web

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...