HomeDeportesChristian Merli bate o récord da Subida a Chantada que gaña Joseba...

Christian Merli bate o récord da Subida a Chantada que gaña Joseba Iraola

A subida deste ano homenaxeaba a Manuel Varela González, que foi presidente e organizador da Subida a mediados dos anos 80. Varela falecía a finais de marzo deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta fin de semana o mundo do motor foi protagonista en Chantada. Desde o venres os coches ocuparon a vila, pero a proba que sobe pola ribeira de Belesar comezaría o sábado. O domingo, xornada de entrega de premios, abriríase coa manga de adestramentos, seguida das dúas carreiras oficiais que decidirían os gañadores da segunda e a terceira categoría.

Chegando ao medio século, a cita automobilística, reuniu unha vez máis a corredores de máximo nivel, entre os 88 pilotos participantes. Gañaron nas diferentes categorías, o vasco Joseba Iraola coa súa Nova M20FC; Javi Villa impuxo o seu BRC B59 e Jordi Gaig o Porsche 911 GT3R.

Pero foi o italiano, Christian Merli, o máis rápido de todos os pilotos participantes. O Osella FA30 de Merli marcou un tempo de 1.38.527 minutos na xornada do sábado, batendo ao mesmo tempo o récord do trazado. A segunda praza foi Joseba Iraola, que tamén bateu o seu récord persoal ao parar o cronómetro en 1.40.182 minutos.

Merli tamén gañaría o Trofeo Ribeira Sacra no que quedaría segundo o alemán, Alexander Hin. As barquetas destes dous pilotos non puntúan no nacional, por ser vehículos con outra normativa, por iso Joseba Iraola foi o vencedor final na clasificación xeral.

Subida a Chantada 2023 / Facebook Campionato de España de Montaña

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...