HomeDeportesTrofeo Concello de Monforte de piragüismo

Trofeo Concello de Monforte de piragüismo

Este sábado 22 de xullo terá lugar nas augas do Cabe, ao seu paso polo Malecón monfortino, a 5ª Competición Galega de Promoción de Slalom. A proba reunirá a uns 90 deportistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todo listo para que a partir das 11:00 h. desta mañá teña lugar a proba ‘Concello de Monforte de piragüísmo’. Desenvolverase no río Cabe, á altura do Bar Anchoas no Paseo do Malecón, e está previsto que asistan uns 90 piragüistas de diferentes clubs de Galicia.

O Club local, Quixós, presentará para competir a 9 deportistas: Breixo, Lucas, Manuel, Xoel, Antón, Edgar, Martín, África e Sara.

A proba, a quinta galega de Promoción Slalom, chega con altas expectativas para os monfortinos que levan semanas adestrando duro para facer un bo papel como anfitrións. Un bo papel que daría continuidade ao éxito alcanzado en León hai uns días tras acadar dezaoito medallas e o campionato de España de descenso de augas bravas xóvenes promesas.

Ao longo da tarde do venres 21 diferentes integrantes do club estiveron acondicionando o que vai ser o circuíto para o slalom.

Preparando as cordas onde irán as portas para a competición / XdL

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...