HomeDeportesCampionato 'Festas Patronais 2023' de pesca infantil e xuvenil

Campionato ‘Festas Patronais 2023’ de pesca infantil e xuvenil

O Club de Pesca Río Cabe e o Concello de Monforte organizaron o pasado domingo 6 de agosto unha xornada matinal de pesca competitiva en Vilasouto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club de Pesca Río Cabe organizou, en colaboración do Concello de Monforte, un novo campionato de pesca para os máis cativos dentro das actividades das Festas Patronais. Foi o pasado domingo 6 de agosto e desenvolveuse entre as 10:00 h. e as 13:00 h. no encoro de Vilasouto participando 12 rapaces enmarcados nas categorías de infantil e xuvenil.

Os pequenos –non se inscribiu ningunha rapaza– pasárono moi ben, e demostraron a súa habilidade neste deporte. A maioría estaban acompañados de seus pais e membros do club supervisaban que non pescasen os adultos ao tempo que daban instrucións e consellos aos máis cativos do grupo. Foi unha mañá animada pescando a carón do Hotel Hermida Rural na que se capturaron 25 pezas no transcurso do concurso.

Un membro do club dando indicacións a un pequeno / XdL

Ao remate do tempo establecido, o presidente do Club de Pesca Río Cabe, Roberto Martínez, facía o reconto de pezas e pesábaas para obter a puntuación total de cada participante no concurso. Cada peixe supón 250 puntos aos que lle hai que sumar despois os quilos ou gramos que fan todos cuntos na báscula.

O presidente do Club de Pesca Río Cabe pesando as pezas / XdL

A continuación, sobre as 13:30 h. todos os participantes chegaban ao Malecón, onde o Bar Anchoas, lugar onde se procedeu á entrega de diplomas, medallas e trofeos. Todos levaron o seu trofeo, consistente nunha copa co escudo do Concello de Monforte, un diploma, unha medalla e unha gorra. Os gañadores levaron, a maiores, un trofeo no que un peixe era o protagonista.

A Tenente de Alcalde e o Concelleiro de Deportes foron os encargados de realizar a entrega dos devanditos detalles a todos os participantes. O gañador da categoría de infantil foi César Fernández Pérez, e o gañador na categoría de xuvenil, Xoel Fernández Méndez.

Campión infantil / XdL
Campión xuvenil / XdL

Como anécdota dicir que houbo dúas capturas que quedaron fora de concurso por ser pescadas coa axuda dun adulto. Eran dúas carpas de gran tamaño, unha delas cun peso aproximado de 2.800 gramos.

Carpas fóra de concurso / XdL

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...