HomeDeportesVII Slalom concello de Sarria, o día 12 de agosto con máis...

VII Slalom concello de Sarria, o día 12 de agosto con máis de medio cento de participantes

A contorna do Campo da Feira de Sarria acollerá o vindeiro sábado a sétima edición do Slalom concello de Sarria, no que participarán máis de medio cento de pilotos. A proba é puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom da Federación Galega de Automobilismo (FGA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O circuíto estará ubicado na contorna do Campo da Feira, que terá o acceso cortado desde a rúa Conde de Lemos, e o parque de traballo situarase a carón do Parque de Bombeiros.

Segundo o calendario previsto, as verificacións administrativas e técnicas realizaranse de 9.00 a 10.30 horas e ás 11.00 horas publicarase a lista de vehículos autorizados a tomar a saída. A primeira manga de adestramentos comezará ás 12.00 horas e a segunda, xa pola tarde, ás 16.30 horas. A continuación, disputaranse as dúas mangas de competición oficial. A entrega de premios está programada para as 21.15 horas.

A cita organizada pola Escudería Mix Rallye Sports, presentouse esta semana coa participación do alcalde, Claudio Garrido, e do concelleiro de Deportes, ademais de Marcos Díaz e Rubén López, en representación da escudería.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...