O circuíto estará ubicado na contorna do Campo da Feira, que terá o acceso cortado desde a rúa Conde de Lemos, e o parque de traballo situarase a carón do Parque de Bombeiros.
Segundo o calendario previsto, as verificacións administrativas e técnicas realizaranse de 9.00 a 10.30 horas e ás 11.00 horas publicarase a lista de vehículos autorizados a tomar a saída. A primeira manga de adestramentos comezará ás 12.00 horas e a segunda, xa pola tarde, ás 16.30 horas. A continuación, disputaranse as dúas mangas de competición oficial. A entrega de premios está programada para as 21.15 horas.
A cita organizada pola Escudería Mix Rallye Sports, presentouse esta semana coa participación do alcalde, Claudio Garrido, e do concelleiro de Deportes, ademais de Marcos Díaz e Rubén López, en representación da escudería.