HomeDeportesO Club Calasancio homenaxea a José Tomé "polas melloras nas instalacións"

O Club Calasancio homenaxea a José Tomé “polas melloras nas instalacións”

O acto tamén serviu para que se presentaran as diferentes categorías do Club Calasancio. Presentáronse 18 equipos, incluíndo un de alevíns de nenas, e os correspondentes equipos de prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi homenaxeado na tarde deste martes polo Club Calasancio. O seu presidente, Juan Carlos Díaz, fixo entrega ó rexedor monfortino dunha réplica dos Escolapios, en agradecemento pola axuda institucional e a implicación do mandatario municipal co Club nos últimos anos, “por ser parte fundamental como Alcalde, das importantes melloras realizadas nas instalacións deportivas do Calasancio”.

O Club Calasancio destacou nesta homenaxe “que o alcalde, José Tomé Roca, é sempre receptivo ás nosas necesidades, e é o principal artífice das importantes melloras realizadas nas nosas instalacións deportivas”.

Precisamente, o acto de homenaxe ó alcalde tivo lugar no campo de fútbol do citado clube, cuxo terreo de xogo foi mellorado sensiblemente o pasado ano polo concello de Monforte, cun investimento de arredor de 190.000€, que foi axuda canalizada a través do Consejo Superior de Deportes, logo das xestións levadas a cabo polo alcalde. O concello tamén colaborou en melloras como a construción de vestiarios no pavillón do colexio, e concedeu axudas económicas que, en catro anos duplicaron as que percibían ata 2015.

Neste senso, o alcalde recordou que nos últimos anos, o concello leva investido máis de 700.000€ en mellorar os campos de fútbol de Monforte (o do Calasancio, os dos Luis Bodegas, e o da Pinguela), e tamén destacou o investimento na mellora integral do Pavillón da Pinguela, con máis de 3,7M€ de investimento, unha obra que está a piques de finalizar.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...