HomeDeportesMáis de 700 deportistas no "Sarria Xtreme" que se celebra o 15...

Máis de 700 deportistas no “Sarria Xtreme” que se celebra o 15 de outubro

A Xunta de Galicia apoia a Pretorian Race Sarria Xtreme, unha carreira de obstáculos que se celebrará en Sarria o vindeiro domingo, 15 de outubro. Está previsto que participen máis de 700 deportistas procedentes de Galicia, de diferentes lugares de España e doutros países como Portugal ou Andorra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O percorrido será duns oito quilómetros e terá entre 32 e 35 obstáculos naturais – como gabias ou árbores – e artificiais, entre os que figuran rodas, muros ou estadas. A carreira partirá das inmediacións do campo de rugby de Sarria e transcorrerá por un tramo urbano da ruta Xacobea, A Ribela, varios camiños e fincas e regresará ao punto de inicio.

A competición, que está enmarcada na Liga AOCO España, dividirase en quendas cun máximo de 100 persoas cada unha. As máis numerosas serán as populares, abertas a todo tipo de público. Tamén haberá unha categoría Élite para corredores de alto nivel que participan en campionatos dentro e fóra de España para puntuar en ligas nacionais, europeas e mundiais; e outra categoría Started para deportistas experimentados pero que non buscan puntuar.

Na presentación participaron o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, o alcalde, Claudio Garrido, xunto con membros da asociación Pretoriano Club, organizadora do evento, e outras entidades implicadas.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...