HomeDeportes10.000€ en axudas a deportistas individuais no concello de Monforte

10.000€ en axudas a deportistas individuais no concello de Monforte

O pasado luns, 16 de outubro, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade deportiva individual durante a tempada 2022-2023, para as que se destinan 10.000 euros en axudas a deportistas individuais, un 43% máis que no ano 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O importe total destinado a estas axudas en 2023 é de 10.000 euros, o que supón 3.000 euros máis que en 2022 (un 43% máis), e 5.000 euros máis que no 2019 (un 100% máis). A cantidade máxima de cada unha das bolsas se establece en 600 € por deportista.

Logo da súa publicación este luns, 23 de outubro, no Boletín Oficial da Provincia, os interesados xa poden presentar as súas solicitudes, tendo de prazo ata o martes 7 de novembro de 2023 (10 días hábiles dende a publicación no BOP).

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a importancia destas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da élite deportiva galega, motivo polo cal decidimos incrementar o importe das axudas este ano”.

As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023. Ademais, tamén é requisito necesario para optar a estas axudas ter participado como mínimo nun campionato de España, campionato de Europa ou campionato do Mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.

Poderanse beneficiar destas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que estean empadroados/as no Concello de Monforte de Lemos dentro do prazo de presentación de solicitudes e, como mínimo, dende o 1 de outubro de 2022.
  • Estar federados nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas no período para o que se solicita a axuda, é dicir, entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023, e que como mínimo participaran no campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva.
  • Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva.
  • Estar ó corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
  • Que non estean incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non estar incursos/as nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Á hora de realizar a valoración teranse en conta os tres mellores resultados conseguidos en competicións oficiais segundo a táboa de valoración establecida, así como a convocatoria no período pola selección galega ou estatal. Enténdese por competicións oficiais as consideradas como tal pola Federación Deportiva correspondente ou pola Administración deportiva dentro do seu ámbito de competencias.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...