HomeDeportesMedio cento de inscritos na Subida a Taboada, que se celebrará o...

Medio cento de inscritos na Subida a Taboada, que se celebrará o 4 e o 5 de novembro

A proba que, comezouse a disputar no 1998, deixou de celebrarse durante 17 anos e volverá con forza esta fin de semana formando parte do calendario do Campionato galego de rallys de montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A X Subida a Taboada terá un trazado similar ao da última edición, celebrada en 2006, cun percorrido de 2,7 quilómetros pola estrada autonómica LU-611, entre Rubián e Taboada. As dúas primeiras mangas disputaranse na tarde do sábado, con saídas ás 15.30 e 17.30 horas, e o domingo á mañá as dúas últimas, ás 11.00 e 13.00 horas. Na tarde do domingo entregaranse os trofeos aos gañadores. O parque pechado e as verificacións técnicas realizaranse na contorna da Praza de Riazón e na Avenida de Lugo.

A presentación da cita tiña lugar este mércores cos organizadores e colaboradores da proba, Escudería Taboada, Federación Galega de Automobilismo, concello de Taboada, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

O concelleiro de Deportes e Medio Rural de Taboada, Manuel Diéguez, explicou que “recuperamos a proba co mesmo espíritu e ilusión que a caracterizou no seu momento, e co obxectivo de que perdure nos vindeiros anos e volva ser un referente do deporte na comarca e repercuta de forma positiva na economía local” e convidou a asistir “a pasar unha fin de semana de montaña, disfrutando do deporte, da ribeira e da gastronomía de Taboada”.

A Subida a Taboada será a ultima proba do Campionato Galego de Montaña, a segunda na provincia, despois da Subida á Pontenova.

Subida a Taboada 2023 presentación / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...