HomeDeportesMáis de 200 persoas inscritas para a carreira Xacorun Sarria que se...

Máis de 200 persoas inscritas para a carreira Xacorun Sarria que se celebra o 3 de marzo

A asociación deportiva Pretorianos Club organiza a proba, que transcorrerá polo Camiño de Santiago entre Sarria e Portomarín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta apoia un ano máis a iniciativa Xacorun, unha carreira entre Sarria, Paradela e Portomarín que se desenvolverá o próximo 3 de marzo organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club. A actividade conta con más de 200 persoas inscritas.

A proba, que se presentou en Sarria, transcorrerá polo trazado do Camiño de Santiago. Haberá tres modalidades: dúas carreiras individuais – unha de 23 quilómetros e outra de 10 -; e unha de remudas de 23 quilómetros.

A carreira de 23 quilómetros individual sairá ás 9,30 horas da praza do Concello de Sarria; mentres que a de 10 quilómetros partirá ás 10,30 horas desde o lugar de Mirallos. En canto á de remudas, os corredores sairán ás 9,30 horas desde Sarria e farán o cambio coa parella en Mirallos. A meta estará en Portomarín. A organización entregará trofeos e medallas nas diferentes categorías.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...