HomeDeportes9 e 10 de marzo de Enduro en Pantón, circulando entre viñas...

9 e 10 de marzo de Enduro en Pantón, circulando entre viñas e ao carón do Miño

Pantón prepárase para recibir a uns 150 pilotos nas distintas categorías e a unha marea de afeccionados que gozarán dun circuíto único, “É un sitio ideal para andar en moto, perfecto para gozar porque se conserva o monte moi autóctono na parte do Miño e eses camiños son un auténtico pracer tanto visual, como en moto, como andando. Tócanse poucas poboacións e encántalles que pasemos. É un gusto de trazado e de xente”, destaca Javier Quintas, Responsable Deportivo da liga Galega da Moto de Campo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 9 e 10 de marzo o Concello de Pantón acolle a celebración das carreiras de Enduro e MiniEnduro que organiza a Liga Galega da Moto de Campo, despois de correr este ano na Peroxa e San Xoán de Río.

O sábado, 9 de marzo, a saída do primeiro participante desde a praza do Concello cara ao alto de Guítara farase ás 14.00h e o horario previsto para finalizar son as 19:00. Ás 11:00h terán lugar as probas de MiniEnduro no parque pechado de Eiré.

O domingo, 10 de marzo, seguirán as competicións de Enduro e Clásicas. A saída desde a Praza do Concello será ás 11.00h para terminar ás 16:00h. A entrega de premios celebrarase ás 17:00 na Praza de Concello.

Este será o terceiro ano que Pantón acolla as carreiras da liga Galega da Moto de Campo, “É un circuíto moi cómodo, con fácil acceso para a xente, é moi visual con zonas onde sempre ves movemento de motos e o público agradéceo, é un espectáculo”, destaca Javier Quintas.

Os puntos de interese para o espectador serán a Praza do Concello nas horas de saída e entrega de premios, o parque de MinuEnduro en Eiré, o alto de Guítara e o viñedo de Finca Míllara, “A proba do alto de Guítara na comunidade de montes de Eiré, é un espectáculo e este ano imos pasar polo viñedo de Finca Míllara que nos deu autorización para pasar coas motos polo medio do viñedo. Iso é un pracer, ir en moto por aí”, asegura Quintas.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca o éxito das edicións anteriores e espera poder seguir acollendo este tipo de competicións en próximas edicións, “Citas como estas supoñen poñer a Pantón unha vez máis no mapa coa repercusión que este tipo de actividades teñen nos medios. Son dous días para que veciños/as e visitantes poidan gozar das probas de nenos e maiores co fondo das nosas paisaxes. Estamos encantados e esperamos seguir celebrando este tipo de competicións no futuro”.

Desde a liga Galega de Moto de Campo faise un chamamento á participación para gozar deste espectáculo do motor e vivir dous intensos días de actividade en Pantón, para os que se espera que non chova, “Que neve pero que non chova. Hai moitísimos anos que non se fai unha proba en Galicia con neve. De pasar frío e mollarnos, mellor facelo con neve que lle vai a dar un toque especial”, pide Javier Quintas.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...