HomeDeportesCarballedo acolle o 22 de marzo a primeira carreira do Circuíto...

Carballedo acolle o 22 de marzo a primeira carreira do Circuíto Comarcal de Cros Escolar que promove o Concello de Chantada

O Circuíto desenvolverase nos Concellos de Carballedo (22 de marzo), Friol (5 de abril), O Saviñao (19 de abril), Taboada (12 de abril) e Chantada (4 de maio). Presentaban a actividade os concelleiros de deportes dos concellos participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Chantada organiza o I Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar a través do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, Xogade. Cada Concello dos participantes no circuíto organiza o percorrido e a carreira do seu municipio. “É unha primeira toma de contacto que esperamos sexa un éxito e sirva para motivar a nenas e nenos a que practiquen deporte. É un irmanamento entre concellos co que queremos fomentar o hábito de practicar deporte e fomentar a relación social entre rapazas e rapaces de concellos veciños”, destaca Belén Vázquez.

Das cinco carreiras que se disputarán, puntuarase en 4 delas e das mellores puntuacións sairán os gañadores do torneo. As inscricións poden facerse a través da web do Concello de Chantada, nas escolas deportivas e cos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes.

Este I Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar está destinado a nenos/as nados/as entre 2009 e 2016. A inscrición é totalmente gratuíta e inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...